Coma cada ano, en Ribeira, as peñas dorneiras organizan xogos para gozar da festa cos veciños. Alí estará Nieves Rodríguez, que participará activamente nas actividades e gozará da boa música do lugar. En Santa Uxía de Lobás, no concello ourensán do Carballiño estára María Blanco: celébrase a romaría de Mandela, que consiste nunha procesión de fachos e á que segue moita troula. Ariadna Leis achegarase a Maceda, onde a agarda o “Entroido quente” que se celebra na vila e onde se realizan disparatadas probas acompañadas da música das charangas. Belén Vara, pola súa banda, asistirá a Festa da Xouba en Rianxo e degustará este bocado delicioso na mellor compañía. Ademais,  tamén pasaremos polo mercado medieval de Corcubión, as festas de Pontedeva e da Fraga, a Feira das Marabillas na Coruña, o Santiago en Vilagarcía de Arousa, e a Festa da Magdalena, en Ortigueira. Todo isto, adubado, coma sempre, coas actuacións das mellores orquestras e grupos galegos.