Nieves Rodríguez, a mestra de cerimonias, e as reporteiras do programa, Belén Vara, Ariadna Leis e Belén Rivero, descobren todos os segredos dunha celebración cargada de sentimentos e devoción e vivirán unha xornada en que milleiros de persoas acoden en masa ao santuario da parroquia de Santa Baia de Losón. E, como de costume, tamén hai tempo para facer un percorrido polas mellores festas da fin de semana. Belén Vara acompaña os fieis da Virxe do Corpiño para coñecer as súas historias e as razón polas que veñen a este lugar. Todos levan os seus exvotos e unha chea de peticións relacionadas cos males do espírito.  Ariadna Leis é unha máis na espectacular procesión nocturna de candeas que celebran este ano por primeira vez na romaría do Corpiño. E Belén Rivero demostra que neste acontecemento tamén hai tempo para pasalo en grande coa música dos grupos folclóricos, o churrasco, o polbo, as rosquillas, etc. As cámaras de “Vaia Troula” tamén están presentes nas Festas de San Xoán de Ser