Nieves Rodríguez, a presentadora do programa, recibirá os espectadores dende a vila pontevedresa de Baiona. Nesta localidade celébrase cada ano unha festa na honra da Virxe da Anunciada. Pola súa banda, a reporteira Belén Vara achegarase á localidade ourensá da Arnoia,  para celebrar cos viláns a festa do pemento, con moita música e comida a fartar. Na Festa hortera, de Porto do Son, estará Ariadna Leis. María Blanco será a encargada de desprazarse ata Ribeira. Neste concello celébrase todos os anos a procesión marítima da Virxe do Carme. Unha celebración moi emocionante para esta vila mariñeira. As festas de Quiroga, a churrascada de Lorbé en Oleiros, a festa da Carballeira de Zas e o curro de Amil, en Moraña, serán outras paradas obrigadas para as cámaras do espazo dominical. Ademais, a festa de San Isidro Labrador de Quintáns en Muxía, a exaltación do Galo Piñeiro do Pino e a multitudinaria Romaría Vikinga de Catoira completan o menú trouleiro desta fin de semana. Coma sempre, todo