A Miguel, un rapaz de 17 anos non lle queda moito tempo. A súa situación é desesperada: a diálise xa non funciona e necesita un transplante de ril o antes posible. A doutora Muíños necesita da colaboración da nai de Miguel para atopar un doador en vivo, o que a obrigará a desvelar o seu segredo: quen é o pai biolóxico de Miguel.