Marta Doviro desprázase á comarca de Vigo. Nesta visita coñece a Francisco Peixoto, creador do banco convertido en miradoiro "Galiza it’s different", e interésase pola historia da batalla de Rande e da illa de San Simón da man do historiador José Martínez, que amais a  acompaña nun paseo pola illa e polo emblemático paseo dos Buxos. Xunto ao actor vigués Manuel Manquiña fai un percorrido pola zona vella de  Vigo e os lugares que forman parte da súa infancia, para rematar no barrio da Pedra, onde degustan ás típicas ostras. A viaxeira non perde a ocasión de conversar con Inés e Rafa, os chefs do restaurante Maruja Limón, unha estrela Michelin e cunha historia interesante que contar. Carmen Pérez é a seguinte protagonista desta visita á cidade olívica para contarlle a Doviro a historia dun dos máis fermosos edificios da cidade, o teatro García Barbón. A viaxeira Marta remata poñendo rumbo á praia de Rodas nas illas Cíes xunto ao patrón de barco Ramón Ojea.