Marta Doviro viaxa ao Courel. Nesta contorna, que conxuga paisaxes de montaña co río Sil, coñece, na compaña do guía Guillermo Díaz, a Poza das Mulas, un lugar do Río Lor que amosa un spa natural con paisaxes espectaculares. Tamén visita, da man de Evaristo Méndez, Frouxán, unha aldea de Folgoso que foi declarada Ben de Interese Cultural, entre outras cousas pola tradicional  pisa da castaña. O Courel é coñecido tamén por ser o lugar de nacemento dun dos poetas máis importantes das nosas letras, Uxío Novoneyra. Marta Doviro está na aldea de Parada para coñecer a súa fundación, situada na que fora a casa do poeta. Xunto a Uxío Novo coñece como se vela pola conservación e difusión do seu legado. Seguindo coa tradición de mostrar os mellores pratos de cada zona que visita, Marta degusta un manxar exquisito, xabaril con castañas, preparado pola cociñeira Concha Méndez. No seu percorrido, a viaxeira lévanos aos oliveirais de Quiroga para degustar o seu coñecido aceite xunto a Julio Quiro