O espazo “Unha Viaxe para Contar” chega á fin da súa primeira temporada desde a comarca de Ferrol. Nesta entrega, Marta Doviro comeza a súa viaxe no castelo de San Felipe, un enclave estratéxico para a defensa da ría, e, xunto ao ex-capitán de navío Juan José Burgoa, visita a sala de armas do Arsenal. A presentadora tamén ten oportunidade de coñecer a fragata Méndez Núñez na compaña do alférez Ione Camacho. Xunto ao recoñecido actor e humorista ferrolán Pepo Suevos, fai un percorrido pola cidade  e os lugares máis coñecidos como o Barrio da Magdalena. Ten ademais un encontro con Diego Fernández, confrade da Mercé, que lle amosa cousas curiosas da Semana Santa ferrolá.Logo dun paseo pola vila, Marta coñece a historia da tradicional Rondalla das Pepitas e pon rumbo a Cedeira para degustar un dos pratos típicos desta zona, o marraxo, co cociñeiro navarro Miguel Arcos, un namorado do lugar. Marta chega ata Santo André de Teixido, onde Jorge Bellón, artesán do lugar, fai de guía pola súa hi