Estíbaliz Veiga fará un circuíto saltando dunha árbore a outra a once metros de altura en Marín, porase de xeonllos para pasar por baixo do altar de San Benitiño do Lerez, percorrerá as rúas de Pontevedra xunto o gran actor Celso Bugallo, estará en Combarro, na Illa das Esculturas, no Museo de Pontevedra e na Igrexa de Santa María. Tamén asistiremos a un concerto de Cadelo Lunático, coñeceremos Campo Lameiro, a capital galega da arte rupestre, e voaremos sobre Cotorredondo desde onde se divisa toda a provincia.