Neste programa visitamos as Terras da Coruña. Estíbaliz Veiga percorre en segway o Paseo Marítimo, sube á Torre de Hércules e fai ioga xunto aos menhires. Tamén descubre a historia da cidade a través da súa arquitectura, fai sendeirismo polos cantís do Seixo Branco e pasea pola capital do gótico galego: Betanzos. Ademais, visita o castelo de Santo Antón e sobrevoa en dron as Fragas do Mandeo