Neste programa visitaremos a ría de Vigo. Estíbaliz Veiga ascenderá ao cumio do Monte da Guía nunha bicicleta moi especial, formará parte dunha secuencia de acción en Cangas e sobrevoará o santuario castrexo de Monteferro en Nigrán. Tamén percorreremos as Salinas do Ulló, visitaremos o castelo de Pedro Madruga e iremos camiñando de Ponte Sampaio á illa Medal.