Hadrián vive un momento de esplendor na sua relación con Laura. O documental tivo éxito e xorde a posibilidade de conseguir os dereitos de Red Harvest. Rita ve defraudadas as súas espectativas e desvélalle a Xurxo unha secuencia do seu pasado e dun vello amor que veu de lonxe e logo marchou. Parece como se a historia se repetise. Ao mesmo tempo, a taberna de Melchor sofre un intento de ataque por parte da especulación, que pode acabar con ela para sempre. Iso obriga a diferentes graos de implicación na súa defensa por parte dos distintos personaxes.