En Galicia prodúcense arredor de sete millóns e medio de litros de leite cada día. 85 litros por segundo! Para iso hai que muxir diariamente unhas 350.000 vacas. Hoxe visitaremos a cooperativa CLUN. Achegarémonos a unha das súas sedes, a de Ames, para ver por dentro a fábrica na que se envasan as súas marcas de leite. Na sede de Ribadeo falaremos co equipo de profesionais que se ocupa da exquisita alimentación dos animais. Porque aquí as vacas comen á carta. Viaxaremos ata Caldas de Reis, onde se descargan cada día 140.000 litros de leite para fabricar iogures e sobremesas lácteas. Na granxa de Busto Corzón, en Mazaricos, e na granxa de San Vicenzo de Aro amosarannos dous modelos moi diferentes de explotación agrogandeira. Imos coñecer este xigante!