O espazo da TVG “Top 10” busca a opinión do público para facer unha nova clasificación popular en que os galegos e galegas amosan os seus gustos e preferencias. O programa está dedicado esta semana aos animais de raza galega, polo que os enquisados deberán posicionarse e dicir cal é o animal que máis lles agrada e por que. A súa intelixencia, o alimento que proporcionan ou a súa achega nos traballos poden ser algunhas das razóns para decidirse.    Ademais, como é habitual, unha serie de expertos na mat...