Somos de agrupacións clásicas como as sinfónicas ou somos máis ben de orquestras de verbena? Ou preferímolas máis tradicionais, como as bandas de música populares ou os gaiteiros?   O equipo de Top 10 sae á rúa para coñecer a opinión ao respecto dos espectadores. Como é habitual, conta coa participación de varios expertos na materia, neste caso o director e creador da Real Banda de Gaitas de Ourense, Xosé Luís Foxo; o cantante da Orquestra París de Noia, Xosé A. Blas Piñón, que se iniciou nunha coral; ...