Un sábado máis, “Todo Queda na Casa” buscará hoxe dous novos concursantes que amosen os seus fogares. Se invitan o equipo do programa a pasar e lle deixan ver as diferentes estancias, poden gañar ata 1.000 euros.  Nesta ocasión, Eva Iglesias achegarase a Boiro e a Allariz, onde atopará dous concursantes de nivel. Na primeira localidade, o espazo da TVG entrará nunha casa onde o matriarcado está moi claro. Tres mulleres dunha mesma familia animaranse a concursar. En Allariz, os que abrirán as portas da súa casa son veciños de verán da vila.