Na edición deste sábado de “Tesouros no Faiado”, que cada semana lles amosa aos espectadores o descubrimento, o valor e a transformación de obxectos que deixan de ser un refugallo para cobrar a importancia que merecen, Luís Varela daralle unha gran sorpresa a Pilar, restaurándolle a bicicleta da súa nenez. Para isto viaxará ata Iñás, no concello de Oleiros, onde Pilar, a herdeira dunha gran casa señorial, quere saber se os obxectos que agocha no que antigamente eran as cortes do gando son valiosos ou non, xa que están nun estado de abandono, porque utilizaron esa parte da casa como almacén durante anos. Alí, Luís atopará unha incrible casa de bonecas, unha bicicleta dos anos 50 ou un xogo de sofás victorianos, pero desta vez non só mercará, senón que tamén tratará de restaurar unha bicicleta que Pilar, a herdeira da casa tiña esquecida nun recuncho da casa. Pola súa parte, Carmen vai visitar a Ana para axudarlle a datar e a poñer prezo a unha talla elixiosa que caeu nas súas mans. A