A anticuaria Carme Rodríguez recibe a chamada de Doreta, a herdeira dun impresionante patrimonio entre os que se atopan un piso na zona histórica de Ourense e un pazo do século XVII en Amoeiro. Carmen debe aproximar o valor de moitos dos obxectos antigos que hai no interior e, ao mesmo tempo, pode mercar algúns deles que de seguro lle interesarán para a súa enorme colección. O piso de Ourense é onde Saco y Arce escribiu a primeira gramática galega e conta cunha gran colección de mobles de madeiras nobres talladas por Maximino Magariños, e o pazo de Amoeiro atesoura numerosos obxectos de etnografía galega.  Ana Castro recibe o encargo de taxar unhas cerámicas da dinastía Ming, supostamente procedentes dun naufraxio, e que poderían chegar a valer milleiros de euros se realmente é certa a súa orixe. Ademais, a experta taxadora tamén ten que dar co valor de mercado dunhas pulseiras orientais de xade, un material que se pode chegar a cotizar por riba do ouro. Ao anticuario Luís Varela tóc