Luis Varela entra nunha casa vella de aldea en Bergondo, onde se entusiasma coa colección de apeiros de labranza que atopa no seu interior. En Compostela, a Taxadora Ana Castro debe desentrañar o misterio que rodea un cadro, coñecido como 'A dama', e determinar se ten valor. En Sarria, a anticuaria Carme Rodríguez axuda a un dentista que anda a procura de material antigo do seu oficio.