O programa “Tesouros no Faiado”, que lle amosa ao público o descubrimento, o valor e a transformación de obxectos que deixan de ser un refugallo para cobrar a importancia que merecen, achégase á Fonsagrada, onde coñecemos a Tino, un anticuario que máis que unha colección ten un museo. Ademais, Ana Castro ten a tarefa de taxar unha casa na zona vella de Santiago. E o equipo do programa ve como se restaura unha peza galega tan emblemática como un auténtico futbolín Delgado.