María e Metralla planean unha viaxe a Italia, pero unha noticia inesperada fará que teñan que atrasar as súas vacacións, xa que Alfonso é atropelado fronte ao "Chopenchauer" e as lesións sufridas requiren o seu ingreso no hospital. Mucha está moi preocupada porque se sente culpable polo que lle ocorreu ao home... Doutro lado, os socios do Mirandés están desesperados coa marcha do equipo, así que D. Amador vai propoñer organizar unha novena para que o equipo non descenda á terceira rexional... O próximo partido é contra o seu eterno rival, o Pastoriza, que ademais xoga o ascenso de categoría...