Un amigo de Metralla chega de visita a Miranda. Fai moitos anos que non se ven e ambos levarán unha sorpresa ao ver como cambiaron; especialmente o amigo de Metralla, que pasou de ser un trouleante a ordenarse sacerdote. O problema xurdirá cando o cura descubra que Metralla vive en parella, sen estar casado. Por outro lado, Emilio está cansado da teima de Reme por quedar embarazada; está seguindo un tratamento de fertilidade, que non semella dar resultado... ata que un día, empeza a sentirse rara e con náuseas. Cando o médico diagnostica o embarazo de Reme, Emilio séntese aliviado, na crenza de que, por fín, vai poder descansar polas noites. Pero, entón, sucede algo inaudito: a pantasma da súa sogra empeza a acosar á parella, coa intención de aconsellar á súa filla sobre a súa maternidade.