Os veciños de Miranda preparan unha gran exposición de plantas; o escenario escollido: o bar Chopenhauer. Mucha está tan emocionada que, incluso, decide chamar á prensa. Aproveitando o interese de Dani por gañar o premio á planta máis rara, Alfonso gastaralle unha pequena broma. Luisín, o dianteiro do Pastoriza, está de baixa por lesión. Non poderá xogar o resto da tempada e os socios do Miranda están, case case, de festa; menos Metralla, que non cre que deban celebrar desgrazas alleas. Mentres tanto, unha parella de chechenos chega a Miranda. Paran na vila, de camiño á Coruña, a onde se dirixen na procura de traballo. Alfonso invítaos a descansar uns días na súa casa e Metralla ofrécelles traballo no bar... pero, algúns veciños comezarán a desconfiar dos forasteiros. Por outra banda, Metralla, cambiando unha bombilla do bar, ten un aparatoso accidente...