Alfonso ten unha sorpresa para Mucha: unha viaxe a Canarias, para visitar a Jessica e ao seu pai. Para quedar máis tranquilos, a parella decide deixarlle as chaves da súa casa a Metralla. Reme porase moi celosa, ó saber das atencións de Alfonso, nada que ver coa falla de detalles do seu home. Xusto cando Alfonso e Mucha marchan, publícase a nova de que Piruco, un veciño de Miranda e curmán de Emilio, fuxira do psiquiátrico. Todos temen o posible regreso do pirómano, en especial Alfonso e Reme. A Emilio ocórreselle un lugar perfecto para agochalo, a casa de Alfonso e Mucha. Pero as cousas complicaranse coa chegada a Miranda de Puri, unha ex-noiva de Piruco, con tendencias criminais, e disposta a todo con tal de atopar a seu amado.