Miranda recibe a visita dun grupo de turistas; á fronte está unha simpática guía chamada Rosa. Desde o momento no que a ve, Silvino proponse conquistala pero a xove bótalle un xarro de auga fría: simplemente é lesbiana. Pero Rosa pasa a sela maior preocupación de Metralla, que ve como a xove mira a María. Silvino, que non sabe gardar un secreto, ante a mofa dos seus veciños, que se burlan dos seus continuos fracasos, o comenta no Chopenhauer. O conto corre como a pólvora e chega a oídos de don Amador e do seu séquito de beatas, que acabarán manifestándose para botar da vila a Rosa. Por outro lado, don Amador, que non ten carné de conducir, decide motorizarse, e para elo merca un minicar, dos que non precisan licencia para conducilos. O crego convértese no centro das bromas dos mirandeses; dín que o "bólido" de don Amador chega ós 46 kilómetros por hora...