É o cumpreanos de María, e Metralla prepáralle unha festa sorpresa no Chopenhauer. Todo está preparado para a celebración, pero desencadéase unha forte treboada, que fai que a luz marche en toda a vila. Chega a noite e o ambiente préstase para a narración de historias de medo. Os veciños están reunidos no bar, á espera de que chegue María; Silvino conta unha historia: - Un día visitárao Antonio, un vello amigo. Este pedíralle un favor, que lle recollera na súa casa unhas cartas que deixara esquecidas. Silvino así o fixo, pero, aínda que pensaba que a casa estaba valeira... recibíuno alguén. - A segunda historia cóntaa Suso: un día, de paseo polo bosque, o gandeiro escoitou un estraño xemido animal. Tirou todo o que levaba e saíu correndo. ¿Tratábase dun lobo ou doutra cousa? - A última cóntaa Alfonso: fai moito tempo, o veterinario acolleu na súa casa o velatorio dun profesor da súa infancia. Chamábase don Manuel e non tiña nin familia nin amigos. Esa noite, Alfonso e don Amador tivera