Silvino recibe a inesperada visita dunha antiga noiva. Foi unha historia de pouco tempo, pero moi intensa; Silvino leva un susto tremendo ó vela aparecer cunha nena pequena. Sen embargo, Aldara é froito doutra relación da súa ex-noiva. Silvino acólleas na casa, pero, para a súa sorpresa, o mesmo día da súa chegada, a nai desaparece, deixando a meniña a cargo do matarife. Por outra parte, Remedios anda moi estresada. Pasa o día dun lado para outro, encargándose de todos os recados de Emilio. A muller confía en que o seu marido teña algún detalle con ela, pero este é extremadamente vago e a súa actitude acabará por desesperar a Reme. Chegou a hora do ultimato: ou teñen un fillo, ou Reme divórciase.