A traxedia chega a Miranda. De paseo polo monte, Roque sufrira un accidente, unha árbore caera sobre o veciño de Miranda, sen que o seu amigo Servando puidera facer nada por axudalo. Agora Roque está cun pé na tumba e os mirandeses farán todo o que estea na súa man para salvar a vida do seu veciño. Celébrase o primeiro campionato comarcal de Sudoku. O premio é cuantioso, polo que Silvino decide presentarse; pero deberá darse présa para aprender o suficiente, antes de que empece a competición. O pequeno Dani será o seu rival máis forte. A relación entre María e Metralla vai cada vez mellor. A confianza entre a parella medra día a día. Só hai un problema: as pequenas indiscreccións de Metralla. María, sabe que os seus segredos son coñecidos por todos os clientes do Chopenhauer, polo que decidirá poñer a seu noivo no seu sitio.