O presidente do Cruceiro quere mercar o partido contra o Club Deportivo Mirandés. Un emisario preséntase no Chopenhauer e ofrece cartos a Metralla, a cambio de que o equipo de Miranda se deixe gañar no próximo encontro. Metralla, indignado, bota do seu local ao recadeiro e comenta con seus amigos o ocorrido. Silvino escoitando a Metralla chega á conclusión de que ese partido vale moito máis do que ofrecen por el. Pola súa parte, Mucha semella obsesionada coa idea de que Jessica pronto regresará. Alfonso está moi preocupado, porque sabe que Jessica podería non volver a vivir con eles xamais. Dani non deixa de facer travesuras. Desta vez tira un borrador pola ventá da escola, con tan mala sorte que lle dá no nariz a Suso. Agora o gandeiro convértese no centro de burlas dos seus veciños, pois a súa lesión fai que fale dun xeito moi particular.