Por fín, María e Metralla comenzan unha relación. Sen embargo, o comezo non vai ser doado; unha visita inesperada de Gonzalo, o ex-noivo de María, será a primeira pedra no camiño. Gonzalo chega cunha oferta de traballo, moi tentadora, para María, pero tería que abandonar Miranda. Os veciños da vila, farán todo o posible para evitar que a xove marche; pero antes, teñen algo máis importante que facer: botar a Gonzalo o antes posible. Por outro lado, Alfonso e Mucha van levar unha sorpresa, Ricardo regresa para levar á nena xunto con el a Tenerife. Enterado da nova, Dani tamén se pon moi triste.