Jessica recibe unha pedrada na cabeza, cando regresaba a casa, como consecuencia, chega a casa cunha brecha. Sen embargo, a nena mentirá aos seus tíos e diralles que a fixo ó caer dunha árbore; todo con tal de non confesar que hai alguén no colexio con quen non se leva moi ben. Mucha ten unha xuntanza de compañeiros da escola, entre eles atoparase cun antigo pretendente, Bieito. Alfonso, nun principio non se mostrará celoso, sen embargo os veciños de Miranda sí empezarán a incomodarse ó ver que o visitante decide quedar uns días e que pasa a maior parte do tempo na compaña de Mucha. María ten un problema na casa, non lle chega a auga do pozo; será Metralla quen se ofreza para axudala.