Alfonso narra a Jessica e a Dani un conto popular, co lobo como protagonista. O que descoñecen, tanto o narrador como os oíntes, é que moi pronto a historia podería facerse realidade. Silvino, nunha das súas saídas de caza, atópase cun cachorro no bosque. No seu afán por levarse ben con María, coa que últimamente tivo algún enfrontamento, decide levarllo como agasallo. O can farase rápidamente co agarimo da xove, pero quizais non sexa boa idea adoptar o cachorro como animal de compaña. Por outra banda, unha familia de orixe rumana acode a don Amador, na procura de axuda. O pai fora despedido e teñen que acudir á caridade dos mirandeses. O párroco, apelando á bondade dos seus fegreses, organiza unha colecta. O problema chegará cando os veciños poñan en entredito a xestión dos cartos por parte do cura.