Unha cabra cóase no xardín de María. Esta recrimínalle ao seu dono por soltalo animal na súa propiedade, pero conmovida pola situación do seu veciño, decide deixala pastar no terreo da súa propiedade. Co paso dos días, María descubrirá certas cousas que lle farán cambiar de opinión. Don Amador e Alfonso son fieis a súa cita co xadrez. O que empezou coma unha simple distracción, foi convertíndose nunha auténtica batalla. Ata tal punto chega a rivalidade, que Alfonso decide usar todas as súas armas, para conseguir a rendición do seu contrincante.