Hong Kong sufrira unha terrible inundación, entre os desaparecidos atópase Gonzalo, o ex-noivo de María. A xove sente que debe abandonar Miranda, para estar o carón da familia deste, nun momento tan duro. O Club Deportivo Mirandés segue o último na clasificación. Os clientes do Chopenhauer deciden facer algo para arranxar a situación. Todo é pouco para facer morder o pó ao seu eterno rival, o Pastoriza. Só hai unha solución: a participación dos veciños... no campo de xogo.