Alfonso e Mucha están en crise. A falta de acordo, á hora de decorar a casa, será o desencadeante. Mucha quere poñer o seu toque feminino no que agora é o seu fogar, sen embargo a Alfonso non lle fan graza os cambios que a súa muller quere instaurar. Por outro lado, a polémica chega a Miranda, Dani afirma ter visto unha pita de monte no bosque, pero ninguén o cre. Todos na vila saben que se trata dunha especie en extinción e fai moito tempo que non se ve ningún exemplar nos arredores. Confirmada a existencia dun exemplar xorde o conflicto: Silvino quere cazalo para sacar uns cartos.