Jessica está empeñada en que precisa unha bicicleta nova, pero os seus tíos consideran que mercarlla significaría ceder demasiado ós caprichos da nena. Entón a pequena traza un plan, fai unha aposta con Dani: se este perde, terá que prestarlle a súa durante unha semana. Jessica porá en xogo toda súa picardía para saírse coa súa. Por outro lado, os clientes do Chopenhauer están moi preocupados, o motivo é o fútbol: o Club Deportivo Mirandés está de capa caída. A solución a esta crise pasará pola convocatoria de eleccións no club. Don Amador e Metralla son os únicos candidatos, ambos tratarán de facerse cos votos dos veciños. Silvino segue facendo das súas. Desesperado ante a falla de traballo e influído por don Amador, decide facer un pacto con Deus. Formulada a petición na igrexa, agora só lle queda esperar un sinal do Ceo.