Alfonso e Mucha reciben a visita da súa sobriña Jessica, acompañada polo seu pai, Ricardo que enviurvara de Marina. Ricardo toma pastillas para controlar a súa ansiedade, as cousas non foran doadas sen embargo agora semella ter unha nova oportunidade. En principio chegaran para pasar uns días, pero agora que lle saira un traballo a Ricardo en Tenerife, Mucha trata de convencelo para que Jessica quede con eles en Miranda. O escándalo apodérase de Miranda, unhas veciñas avisan ó párroco, hai algo que o cura debe ver con seus propios ollos: María tomara por costume largos baños espida no río. A nova corre como a pólvora pola vila. O que para don Amador é unha falta de respecto cara os veciños e un atentado á boa convivencia, para outros como Silvino é algo digno de ver. Pero igual que a curiosidade matou o gato, tamén acabará por pasarlle factura ó matarife.