Mucha acode ó médico porque ten un retraso e leva unha tempada moi sensible. Pola súa parte, Alfonso está preocupado, porque equivocárase nun diagnóstico e cre estar perdendo facultades a causa da súa idade. Desde que María chegou a Miranda, dous dos solteiros da vila, Silvino e Xuxo, andan enfrontados por ela. Pero o que comezou como unha rivalidade tonta,está chegando a extremos preocupantes. Silvino non dubidará en facer calquera cousa, para eliminar a seu rival; pero Xuxo devolverallas unha a unha. Por outro lado, Duna, a cadela de Dani, cae enferma e o neno non dubida en acusar a Silvino, que nunca mostrou demasiada estima polo animal.