Alfonso está preocupado por Mucha, últimamente está distinta, preocupada. Ela, para ocupar o seu tempo, decide poñer orde nos papeis de Alfonso. Entre receitas e expedentes aparecen unhas escrituras; son duns terreos, moi coñecidos en Miranda por albergar o castaño máis lonxevo da comarca. Estas terras pertenceran no seu día o avó de María, que as tivera que vender nunha época de necesidade. Agora Alfonso decidirá poñelas á venda e rápidamente atopará un comprador: Silvino que, con Xuxo como socio, decidiran dedicarse ó cultivo de kiwis. O problema xurdirá cando María, apelando ó valor afectivo deste terreo, tamén se mostre interesada na compra. Por outra banda, a xove recén chegada non deixa de espertar receos entre as veciñas. Neste caso será Reme a que mire con malos ollos á xove, pois descubre que seu home lle mente para pasar moito tempo con ela.