A tradición vinícola de Galicia arrastra centos de anos de evolución. A nosa terra é produtora de viños de gran calidade e recoñecido prestixio non só a nivel nacional senón tamén internacional. Na actualidade unha de cada cinco botellas, é dicir, máis do 20% dos viños das denominacións de orixe, saen da nosa comunidade con destino ó mercado internacional. Imos dedicar este capitulo ós viños e augardentes, para coñecer da man de viticultores, enólogos e catadores as principais variedades dos exquisitos viños da nosa terra. Cada vez máis bodegas de Galicia conseguen situar os seus viños entre os máis importantes certames, así como nas guías de viños máis prestixiosas. Sen dúbida o viño pode constituírse na punta de lanza da marca Galicia no ámbito agro-alimentario mundial.