En 1800 publícase o primeiro xornal en Galicia. Nos anos 30 do século pasado chegan as emisoras de radio. Pola televisión houbo que esperar ata 1961. Nestes 200 anos a evolución foi meteórica, especialmente tras a aparición das novas tecnoloxías nos 90 e principios do século XXI. A chegada do século XXI veu acompañada dunha das máis grandes revolucións polas que atravesou ao longo da súa historia a comunicación. A era dixital fixo a súa presenza para achegar a información aos cidadáns con novos formatos e tamén mudou a maneira de facer xornalismo. Moitas veces se falou da 'morte' da radio ou dos xornais de papel, pero manteñen un bo número de oíntes e lectores fieis polo que poden afrontar o futuro próximo con optimismo.