Pedro e Pablo, acoden ao adestramento da Selección Galega de fútbol para coñecer de cerca aos seus ídolos, alí falarán cos seleccionadores Fran González e Míchel Salgado e aprenderán a tirar penaltis cos xogadores Jota Peleteiro e Lucas Pérez. Ademais, asistirán a un partido histórico do equipo onde poderán conversar con Iago Aspas e Álex Bergantiños. Por outra banda, os protagonistas do programa discutirán de fútbol na faladoiro de “Galicia en Goles” da Radio Galega e acompañarán o seu presentador, o xornalista Xoán Galán, a un adestramento no Club Atletismo Sada, onde se atoparán cun atleta moi especial, o seu amigo Víctor.  Por último, no porto de Moaña atoparanse cos remeiros de Tirán e adestraranse en terra con eles para despois embarcarse nunha traiñeira e sucar a ría de Vigo.