O equipo do programa botarase ao monte para recolectar algunhas das variedades de fungos e cogomelos que se poden atopar a estas alturas do ano nos montes galegos. Da man dun grupo de afeccionados aos cogomelos e guiado por expertos, explicaralle á audiencia algunhas das particularidades dos exemplares atopados. A reporteira Paula Señarís desprázase ata un restaurante para facer un saboroso prato con cogomelos.