Esta verdura moi demandada no mercado conta co distintivo de Indicación Xeográfica Protexida. Ademais, o consumo do grelo tamén se estende a outras temporadas fóra do inverno xa que é moi versátil na cociña. Para comezar, as cámaras do programa achegaranse ata o Val do Dubra, unha das principais zonas produtoras do grelo. A conserveira A Rosaleira no Rosal se dedica desde hai un tempo a envasar grelos dunha maneira natural para conservar todas as súas propiedades.