O programa lévanos á Festa do Polo á Brasa da parroquia lalinense de Barcia. Os veciños deste lugar levan 5 anos exaltando este produto, unha celebración que ano tras ano foi gañando en popularidade e agora recibe a visita doutros veciños da contorna.  “Sopa de Festa” acudiu á carballeira de Barcia para compartir mesa e mantel co medio milleiro de persoas que se xuntaron para degustar o menú composto de polo e patacas.