A Festa da Xouba de Rianxo, que chega á súa XXV edición, é unha das citas imprescindibles do calendario gastronómico do Barbanza. O equipo do programa compartiu a xornada coa Asociación Rianxeira de Empresarios e cos habitantes da vila. Pero antes de mergullarnos na festa, coñecemos “o xeito”, a arte de pesca da xouba; e vemos o traballo dos mariñeiros e o labor das “rianxeiras”, esas mulleres encargadas de esperar no peirao a chegada do peixe.