O programa “Sopa de Festa” asiste á Festa da orella de San Fins de Sales, no concello de Vedra.Os veciños desta parroquia, enmarcada na comarca do Ulla, levan 30 edicións deste evento. Paula Señarís comparte con eles esta xornada en que se reparten e degustan centos de racións de orella, tanto salgadas coma doces. Ademais de contar coa presenza da pregoeira da festa, a actriz Mela Casal, que participou na serie da Televisión de Galicia, “Mareas Vivas”, interpretando a alcaldesa da ficticia vila de Portozás.