O programa gastronómico da Televisión de Galicia “Sopa de Festa” celebra cos espectadores o día de Noitevella achegándoos cun menú cos produtos máis demandados para este día. O equipo do programa está no mercado e fala con compradores e vendedores para coñecer as preferencias dos galegos á hora de mercar ingredientes para a cea desta noite. Nestas datas hai produtos máis selectos e, por isto, as cámaras de “Sopa de Festa” entran nunha tenda gourmet. Ademais,  Lucía Freitas, do restaurante A Tafona, ofrece un menú para preparar na casa. Por último, e para despedir o ano, o equipo brinda cunha selección de viños e espumosos galegos.