Tras o angustioso rescate de Tomás, Diego ten claro que necesita pedir a baixa e recuperarse para estar a pleno rendemento, pero Quique recibe unha chamada alertando de que Moncho, Raquel e Monchiño non están na casa. A alerta non tarda en comezar e Diego queda con Tomás, xa que foi o último que falou con eles.