“Eles” conseguiron o seu obxectivo: teñen a Marga. Pero Cerqueiro non quere acabar con ela. O seu obxectivo é máis ambicioso e ten un plan no que a protagonista é a garda civil. Hoxe en “Serramoura”, Cerqueiro tentará que Marga mate a Bolaño para ser libre de novo. Diego, pola súa banda, sabe que Marga está en perigo e iso faino desconfiar de todos os gardas do cuartel. Para evitar que cometa calquera parvada, Tomás pono á fronte da investigación do caso das Alicia. E os resultados non tardan en aparecer. Diego descobre que a suposta Alicia mente máis do que fala e a Quique non lle vai facer graza esa acusación. En Serramoura a cousa tampouco está tranquila. Co serradoiro de Montenegro pechado, Gloria é o foco das acusacións dos traballadores por deixalos na rúa. Pancho e Román, que tamén quedaron sen traballo, non teñen ningunha perspectiva de futuro, e iso está acabando con eles. Pola súa banda, Teresa sabe que Raquel quere marchar da vila e non está disposta a permitilo, polo que