Aparece un cadáver na vila e todo apunta a un suicidio: Xurxo non viu outra maneira para poñer fin ás súas débedas máis que aforcarse. Polo menos iso é o que di a teoría. Despois das primeiras indagacións, Marga ten en mente outra teoría: a dun homicidio.